Aberto o prazo para solicitar Bono Concilia Familia
09/09/2026
O mércores día 9 de setembro ábrese o prazo do Bono Concilia Familia da Xunta: unha axuda de ata 500 € por familia para gastos de conciliación. O campamento de verán da ANPA entra, e a aula matinal tamén.
Vai anexo un documento con todo o detalle: quen pode pedilo, que gastos cobre e como se solicita. Aquí tedes tamén a orde no Diario Oficial de Galicia:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260901/AnuncioG0762-180826-0001_gl.html
O prazo ábrese o mércores 9 ás 9:00 e remata o 9 de outubro ás 14:00. Non se prorroga, e as axudas dánse ata esgotar o orzamento: canto antes o pidades, mellor.
Se precisades o certificado de asistencia ao campamento para xustificar o gasto, escribídenos indicando:
Nome do neno ou nena
DNI e nome completo de quen vai solicitar a axuda
Importe que pagastedes de campamento.
Xa podes pagar os recibos por transferencia
01/09/2026

Xa está dispoñible o pago por transferencia bancaria desde a propia web. Non fai falta pedirlle os datos a ninguén: cada recibo trae os seus.
Como se fai:
- Entra en A miña área → Recibos.
- Preme en Pagar no recibo que queiras aboar.
- Aparecen o importe, o IBAN da ANPA e o concepto que tes que poñer (por exemplo RECIBO-57). É importante copiar ese concepto tal cal: é o que nos permite recoñecer o teu ingreso.
- Fai a transferencia desde o teu banco e volve á web para premer en Xa fixen a transferencia.
Ese botón avísanos de que o ingreso está en camiño. O recibo segue como pendente ata que a tesourería comproba o apunte no banco, e daquela pasa a cobrado automaticamente. Se queres axilizalo, podes enviar o xustificante ao correo que aparece na mesma pantalla.
Un detalle sobre a orde dos pagos: en canto avisas da transferencia da cota de socio/a xa podes aboar tamén o seguro, sen agardar. O comedor, a aula matinal e as extraescolares si agardan a que se vexa o ingreso da cota na conta.
A ANPA non domicilia recibos: non se carga nada na túa conta sen que ti o fagas.